Vermellas - Lique

MUSGO DE IRLANDA (Lique). (Chondrus crispus, Mastocarpus stellatus)

Nestas algas vermellas destácase a presenza de sales minerais, proteínas e acedos graxos. O seu principal compoñente é o carraxen, formado por carraxenatos ( sales sódica, potásica e cálcica do ácido carraxénico) e carraxeninas. É eficaz contra as diarreas, os trastornos urinarios e as infeccións crónicas do peito e ademais é a base de preparados protectores da mucosa gástrica. Emprégase en persoas con ulceras e nas que presentan intolerancia a certos medicamentos.

Utilízase como axente xelificante e de espesamiento na industria alimentaria. Co leite dá un xel líquido pola formación dun complexo coa caseína, propiedade que se aproveita na preparación de flans instantáneos e budines. Pódese usar como espesante de sopas e salsas.



Os seus usos - alimentación
palyginti kainas