Portada

Adheridas ás rochas, flotando ao ritmo das ondas, arroxadas polas tormentas ás praias ou formando parte dalgún prato típico, as algas mariñas en Galicia son un elemento familiar para o habitante das zonas marítimas costeiras galegas.




Adoita ser motivo de curiosidade o espectáculo da flora mariña, que pode ser observada en cada baixamar sobre as extensas zonas rochosas que quedan ao descuberto.


¿Para que serven as algas?
¿As algas son comestibles?
¿Por que son importantes as algas?
¿Cales son as especies de algas máis características de Galicia?
¿Cales destas algas están protexidas?


Preguntas como estas xorden tanto de parte do turista en Galicia e o visitante ocasional como dos estudantes e docentes galegos que se propoñen analizar a vida natural nas costas.


Asemesmo, queremos responder as dúbidas dos recolectores de algas en Galicia, dos mariscadores, das confrarías e de todos aqueles que viven do mundo das algas galegas.
palyginti kainas