Os tipos de algas

As algas mariñas bentónicas, que viven sobre os fondos mariños, pertencen a catro divisións. Estas diferéncianse principalmente polo tipo de pigmento predominante. Podemos atopar algas azuis ou cianobacterias, algas vermellas, algas pardas e algas verdes.

Aquí podedes ver un listado de especies de algas de Galicia (Checklist algas de Galicia) divido por grupos, familias e xéneros.


Algas azuis ou cianobacterias (División Cyanophyta)

As algas azuis son organismos procariotas microscópicos con estrutura e parede celular. O tipo de ribosomas e de bioquímica que posúen son similares aos que caracterizan ás bacterias Gram negativas. Pero pola ausencia de bacterioclorofila e a presenza de clorofila "a" e liberación de osíxeno, foron asignadas ao reino vexetal como "algas verde-azuis". Estan máis próximos ás outras bacterias fotosintéticas que a algas eucariotas polo que tamén se lles denomina cianobacterias. O nome común vén do ton azulado que teñen debido a un pigmento biliproteico (ficocianina) que enmascara a cor verde da clorofila.


Na súa maioría son unicelulares, aínda que poden presentarse en forma de colonias e filamentos simples ou con ramificacións. As súas células son procariotas, é dicir, que non presentan sistema de membranas. Isto significa que carecen non só de membrana nuclear senón tamén de mitocondrias, cloroplastos e vacuolas.

Con frecuencia, nas nosas costas, visualízallas normalmente como películas verdosas, algo xelatinosas cando estan húmidas ou como costras secas negruzcas logo de varias horas de exposición ao aire ao baixar a marea.


Algas vermellas (División Rhodophyta)

As algas vermellas son na súa maioría pluricelulares, aínda que existen algunhas especies unicelulares. Esta é a división de algas mariñas que alcanza maior variedade en canto a diversidade na estrutura das súas talos.



Algas pardas (División Phaeophyta)

As algas pardas son sempre pluricelulares e practicamente mariñas na súa totalidade. Presentan desde pequenos talos filamentosos microscópicos ata os enormes tamaños das grandes especies que forman bosques baixo o nivel do mar. Estas últimas presentan unha incipiente organización de tecidos de condución.



Algas verdes (División Chlorophyta)

Nalgúns casos as algas verdes poden ser unicelulares, pero a maioría das especies mariñas son macroscópicas. As pluricelulares poden organizarse formando talos de aspectos moi diferentes: filamentosos simples ou ramificados, laminares ou cenocíticos. Alcanzan maiores dimensións que nas masas de auga doce, aínda que non presentan tanta variedade como as que se desenvolven neles. Son algas que han colonizado todos os ambientes , atopándose o 90% das especies en auga doce e o 10% restante en augas mariñas . As especies de auga doce teñen unha distribución cosmopolita.

palyginti kainas