Cianos - Spirulina

SPIRULINA

Trátase dunha alga unicelular. É unha das fontes naturais mais ricas en proteínas descubertas actualmente. O seu contido proteico é superior á da carne, o peixe e os ovos; o aminoácido que mais abunda é a fenilalanina.

Tamén é unha fonte notable de vitaminas, sobre todo do grupo B, de β -caroteno e de minerais, entre os que se atopa o Ferro en cantidades significativas.

É unha pequena alga en forma de espiral, que mide un cuarto de milímetro, é dicir 250 micras, é producida con moita facilidade nos lagos das terras áridas, que teñen gran cantidade de sales minerais.

Esta alga contén un 70% de proteínas, contra un 8% do trigo, un 7% do arroz e un 2% da pataca. É de moi fácil dixestión debido a que carece de celulosa, os seus acedos graxos esenciais non saturados son factor de coñecida importancia na prevención de enfermidades vasculares. A súa composición de aminoácidos sinala que a spirulina presenta unha estrutura semellante á xema do ovo. Posúe, ademais, 24% de carbohidratos, así como pigmentos, minerais e vitaminas A, B1, B2, B6, C, E e a excepcional vitamina H. Actualmente utilízaselle tamén na acuicultura, xa que acelera o crecemento, a madurez sexual e estimula a ovulación e reprodución sexual de moluscos e peixes. Grazas á súa alta proporción de pigmentos amarelos e alaranxados, pode dar coloración á carne de polo e á xema de ovo; á manteiga confírenlle un amarelo intenso.

Os seus usos - alimentación
palyginti kainas