As algas e os seus usos - Produtos industriais - ficocoloides



Como produtos industriais das algas podemos atopar os alxinatos, os carraxenatos e os agares. Son coloides comparables con amidones, gomas e xelatinas doutras fontes.


Alxinatos

Os alxinatos obtéñense das algas pardas.

As industrias que consumen maior cantidade de alxinatos son a téxtil e a papeleira. A primeira emprégaos na imprimación de colorantes. A segunda utilízaos como aditamento nos adhesivos para cartóns corrugados e dos films con que se recobren os papeis de alta calidade .

Un 30% da produción de alxinatos destínase á industria alimenticia para a elaboración de froitas artificiais e para recheos de olivas en base a ají e alxinatos.

Tamén se utilizan para industrializar camaróns, carne, aneis de cebola e unha variedade de comidas semiartificiais en base a pastas homoxeneizadas con alxinatos de sodio, ás que se dan formas máis ou menos naturais.

Isto permitiu, non só o emprego de peixes para os que non había un mercado, senón tamén o completo aproveitamento de materiais caros, como os lagostinos.

Un 5% dos alxinatos úsase na industria farmacéutica e de cosméticos. Son ben tolerados en contacto coa pel, refrescantes, lubricantes e de baixo contido en lípidos.

Ademais incorpóranse en xabóns, champúes e cremas de afeitar como suavizantes e estabilizantes das espumas, e como hidratantes do cabelo.

Outros usos dos alxinatos son soldaduras, vendaxes bioactivos, moldes dentais, dispensador de herbicidas, etc.

A produción mundial de algas para a obtención de alxinatos é de 230.000 Tm en peso seco. O mercado deste produto ascende a 27.000 Tm anuais con prezos que oscilan entre os 5 e os 20 dólares por quilogramo.


Carraxenatos

O carraxenato de algas vermellas úsase para estabilizar xeados e leite chocolatada, en alimentos para lactantes e para mascotas, en comidas instantáneas, doces e produtos de panadería. Tamén en cosméticos, cremas, pastas de dentes e locións.

Os efectos buscados a través do agregado de carraxenatos son variados. As cremas dentífricas, por exemplo, incorpórano para evitar o secado e estender o período de comercialización en andel, mentres que os leites en po incrementan a cremosidade coa súa adición.

A maior cantidade do carraxenato máis barato utilízase preferentemente para comidas de mascotas. Pero actualmente inténtase ampliar o seu consumo como compoñente das hamburguesas de baixo contido en calorías e en graxas.


A produción e comercialización de carraxenato e precarraxenato é de 15.000 Tm.

A demanda mundial de carraxenófitas -desde 1971 ata 1984- alcanzou de 20.000 a 43.500 Tm. secas. O valor do carraxenato oscila entre 12 e 15 dólares por kg, e o do precarraxenato entre 6 e 8 dólares por kg.


Agares

A produción anual mundial de agar é dunhas 4.500 a 6.000 Tm. Un 80% destínase á industria e un 20% a farmacia e a microbioloxía.

Segundo a súa calidade pode custar entre 10 e 45 dólares o kg e ata 60 dólares no caso do agar purificado. A agarosa purificada, en cambio, pode custar entre 535 e 5.400 dólares o kg.
palyginti kainas