As algas e os seus usos - Ganderia

Forraxes para gando

En Europa usáronse tradicionalmente as algas en alimentación animal, especialmente algas pardas Fucales e Laminariales.

A adición de iodo debe ser controlada moi estritamente na dieta animal. Por exemplo, nos cabalos a cantidade óptima encádrase en límites estreitos, e o seu exceso pode ser prexudicial. Uns 100 g sería a cantidade correcta na ración dos equinos.

Nalgúns lugares de forma natural animais de granxa, como as ovellas, aliméntanse de algas. Con todo, débese ter en conta que o alto contido mineral que posúen -especialmente potasio, sodio e cloro- pode producir trastornos dixestivos nos animais.

O engadir algas á dieta parece ser beneficioso para a calidade do leite e a cantidade de esperma, probablemente polo alto contido de vitamina E ou tamén pola acción do iodo orgánico sobre a tiroides.


Outros usos

Un campo adicional de utilización de algas en alimentación animal foi aberto polo gran desenvolvemento da acuicultura. Algúns organismo mariños poden ser criados en base a alimentación directa con algas frescas. Tal é o caso dos ourizos e os abalóns, así mesmo fixéronse experiencias de cultivo de bivalvos con pensos feitos con algas.

Por outra banda, as dietas de animais de criadeiro para a obtención de peles -como nutrias e raposos- son homoxeneizadas con alxinatos crus. Sucede o mesmo con comidas para peixes ás que se agregan alxinatos en concentración de 1 ó 2%.

Unha alternativa á utilización dos alxinatos -que pode resultar máis económica- é a adición de algas pardas finamente moidas
palyginti kainas